Día escolar da Paz

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Un ano máis leváronse a cabo no centro diferentes actividades para celebrar unha das datas máis importantes do ano, o  Día escolar da Paz.

Coa finalidade de enviar unha mensaxe de paz confeccionouse un mural coa imaxe dunha pomba e decorouse o seu interior coas fotos dos diferentes membros da comunidade educativa: alumnos, mestres… Do peteiro saen un sen fin de corazóns nos que se poden ler as mensaxes de Paz coas que queremos contribuir a facer este mundo un pouquiño mellor.

 

Almorzo solidario

O nen@s de 1°, 2°, 3° e 4° de educación primaria tamén nos solidarizamos coa poboación de Haití.

A través da iniciativa do almorzo solidario tentamos sensibilizar ao alumnado cos máis necesitados.

O pasado 5 de decembro realizamos todos xuntos o almorzo de media mañá, que consistiu nunhas galletas e un zume. Con este pequeno xesto e unha aportación de un euro por alumno colaboramos co pobo haitiano e solidarizámonos con eles facéndolles chegar a nosa axuda.


 

 

Chegou o Magosto!

No día de hoxe o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria celebrou o Magosto xunto cos demais cursos da etapa. Os nenos e nenas acudiron caracterizados de labregos, aldeáns ou castañeiros e deleitáronnos con diferentes actuacións.

Como non podía ser doutro xeito, unha vez rematadas as actuacións disfrutaron dunhas saborosas castañas asadas!!!